Miércoles, 3 de Junio de 2009
Buscar
Texto: Redacción digital

Asalto ó Castelo de Vimianzo

Na súa organización participan medio centear de persoas, ademáis do público que forma parte activa na representación.

A asociación Cultural AXVALSO, está a organizar a XII edición do Asalto ó Castelo de Vimianzo que terá lugar o sábado, 07 de Xullo. Coma tódolos anos haberá un concerto étnico-folk e unha representación lúdico-festiva das revoltas irmandiñas.

O asalto é un espectáculo en clave humorística inspirado no teatro nas rúas. Na súa organización participan medio centear de persoas, ademáis do público que forma parte activa na representación.

As personaxes máis diversas: Alonso de Lanzós , o Guerreiro, A Meiga do Orballo, O Comedador do Castelo, o Xuíz e Arzobispo… aparecen en escea representando unha trama que se desenvolve en diferentes espacios e que remata co ataque final ó castelo.

Reinterpretando a clásica revisión histórica, o Asalto ó castelo toma temas de actualidade e os integra como símbolo das revoltas irmandiñas, é dicir, a eterna loita entre os poderosos e os máis débiles.

A representación

Nos escuros finais do S.XV, campesiños de toda Galicia levantáronse en armas contra o poder dos Señores Feudais.

Na noite do sete de xullo, un grupo armado do Señor do Moscoso, atemorizará ós campesiños e advertiralles de que o fin da liberdade está cerca. Só unha muller con estranos poderes conseguirá izar o machado da victoria. Só un auténtico guerreiro poderá enfrentar os peligros, guiar ós irmandiños, loitar sen tregua e vencer ó Monstro do castelo.

Tenebrosos son os dominios do señor do castelo, pero máis fortes e valientes son os irmandiños que levarán a luz á oscuridade e a imaxinación ó poder.

Atrévete. Apaga o teu ordenador e ven a Vimianzo a vivir unha aventura en directo.


Publicidad
Imagen: Imagen del asalto del año pasado
O asalto é un espectáculo en clave humorística inspirado no teatro nas rúas.
Publicidad

escápate > NOTICIAS

XIV ciclo de jazz

Se celebrará en las ciudades de A Coruña y Vigo entre el 18 de abril y el 21 de mayo

Salzburgo, provinciana y encantadora

Una placa y un pequeño monumento advierten al visitante cuál fue su casa natal, frente al Hotel Sacher.

Innsbruck, deporte e historia en el Tirol austríaco

que decoran el tejado de oro son copias. Los auténticos se conservan en el museo de la ciudad.

Todo sobre los mejores viajes por Europa

La comodidad de los vuelos internacionales directos que operan desde Galicia y la oferta cultural que acogen las distintas capitales europeas son buenas excusas para lanzarse a conocer mundo.

Copenhague, la ciudad más humana

Con poco más de medio millón de habitantes, Copenhague es una urbe humana donde el paseo se convierte en un placer.

Liverpool, Capital Cultural europea

La ciudad británica comparte capitalidad con la noruega Stavanger.
Tarifas publicitarias / publicidad@lavozdegalicia.es
© Copyright LA VOZ DE GALICIA, S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)
Publicidad